historia curta para durmir ferrocarrís

por adrián.magro

O antigo tren abanea con suavidade sobre os igualmente antigos raís. A temperatura rabuña os vintedous graos e o sol colócase de xeito que só agarima a pel e enche o nariz co cheiro do río. As árbores, pola súa banda, saúdan verdecentes con cantos de paxaros dende as beiras do camiño. O conductor leva un par de días sen durmir ben e após ler está descrición decide parar a máquina e pechar os ollos. Antes conecta a radio e informa à central dunha avaría que os demorará unha hora «cando menos». Na central confirman a avaría e din que van avisar aos inspectores para desapareceren dos vagóns e deste xeito aforraren explicacións inconvintes. Danse as boas noites e curtan a comunicación. Afora chove.

Advertisements